Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (569/2015).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 569/2015 por instancia de María Lourdes Limes Castro contra a empresa C. Aldasa, S.L.U., sobre resolución de contrato, nos cales se ditou sentenza o 13 de outubro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímanse parcialmente as demandas interpostas por María Lourdes Limes Castro fronte á empresa C. Aldasa, S.L.U. e, en consecuencia:

– Declárase extinguido con data da presente resolución o contrato de traballo que unía a traballadora coa empresa C. Aldasa, S.L.U.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante do 9 de abril de 2015.

– Condénase a empresa C. Aldasa, S.L.U. a aboar á demandante a cantidade de 14.701,50 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 13.570,20 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 22.714,34 en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa C. Aldasa, S.L.U., expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 19 de outubro de 2015

O secretario xudicial