Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (413/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 413/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Benigno Cela Lojo contra Toserga, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Benigno Cela Lojo contra a entidade Toserga, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Toserga, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.716,25 € brutos, por salarios devindicados durante a súa relación laboral, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta, miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Toserga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial