Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42706

IV. Oposicións e concursos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015 pola que se fai público o nomeamento de Mª Carmen Pita Urgoiti como directora de Promoción.

De conformidade co disposto no artigo 17.p) dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, o seu Consello Reitor, en sesión que tivo lugar o día 28 de outubro do presente ano, acordou nomear directora de Promoción da Axencia Turismo de Galicia a Mª Carmen Pita Urgoiti.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia