Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, sistema multicriterio, convocado para a selección de oferta cara ao outorgamento de concesión de ocupación de dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto de Ribeira (expediente 12-48-15-C-3).

Mediante Resolución do 20 de outubro de 2015, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada o 20 de outubro de 2015 pola Mesa de Contratación e en cumprimento do previsto no segundo parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG, núm. 166, do 1 de setembro de 2015, para a selección de oferta cara ao outorgamento de concesión de ocupación de dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto de Ribeira, por falta de presentación de ofertas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ou, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia