Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Yolanda Cruz Alonso.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 276/2015 (procedemento abreviado), interposto por Yolanda Cruz Alonso fronte á Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 24 de agosto de 2015, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 7 de maio de 2015 (DOG núm. 92, do 19 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: enfermeiro/a).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos