Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de outubro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), expido, asino e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 15 de outubro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Rodríguez Rivera Iván

034269035R

Fra. 201550628

17.9.2015

401,94

Veiga Goncalves Luis

Fra. 201550629

17.9.2015

19.828,59

López Arias Concepción

034242372H

Fra. 201550631

17.9.2015

378,45

Gutiérrez Palacios Susana

076583133X

Fra. 201550632

17.9.2015

779,30