Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan de sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro-Barro.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2015, aprobou definitivamente o documento da modificación puntual do Plan de sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro (SRAU-I Outeda-Curro).

Con data do 4 de novembro de 2015, remitiuse á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio copia completa do expediente e dous exemplares do documento aprobado definitivamente.

Segundo dispón o artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público o citado acordo.

A modificación puntual do Plan de sectorización SRAU-I Outeda-Curro, non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2 da citada lei.

Contra ese acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportunos.

Barro, 4 de novembro de 2015

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde