Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42927

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4128/2012-RCUD 354/14-S).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4128/2012

Xulgado de orixe/autos: demanda 1060/2010 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Alicia Llan Lodos

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Luis García Rodellino, Vidrioarte Coruña, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 39, Ver_PDF

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4128/2012-RCUD 354/14-S, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Traballo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Luis García Rodellino, Vidrioarte Coruña, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 39, Ver_PDF, sobre accidente, se ditou pola Sala IV do Tribunal Supremo a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Antonio Vázquez López, en nome e representación de Ver_PDF contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 4 de setembro de 2014, no recurso de suplicación número 4128/2012, interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña de data 21 de novembro de 2011, no procedemento 1060/2010 seguido por instancia de Ver_PDF contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Intercomarcal, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e as empresas Luis Manuel García Rodellino e Vidrio Arte Coruña, S.L., sobre accidente.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás empresas Luis García Rodellino e Vidrio Arte Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza