Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas, creación e mellora de empresas de servizos (ESA), número 103/15/06/00054.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e comprobado o domicilio social, indicado no expediente para efectos de notificación, a través dunha nota simple informativa emitida polo Rexistro Mercantil da Coruña, onde figura inscrita, notifícaselle á persoa interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución para declarar o reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas, creación e mellora de empresas de servizos (ESA). A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

A persoa interesada relacionada no anexo pode recoller a devandita resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que se producise a notificación da resolución, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito, dirixida ao Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas. Creación e mellora de empresas de servizos (ESA).

Expediente núm.: 103/15/06/00054.

Persoa interesada: Trabajos Agrícolas José y Andrés, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Santa Mariña do Monte, Moimentos, s/n, 15560 San Sadurniño (A Coruña).