Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43045

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015 pola que se fai pública a encomenda de xestión de execución do servizo de información e orientación dos usuarios que acceden aos servizos centrais desta entidade.

A entidade pública Augas de Galicia dá publicidade da seguinte encomenda de xestión realizada a unha empresa pública:

1. Entidade encomendante:

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: servizo.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encomenda de xestión:

Título: servizo de información e orientación dos usuarios que acceden aos servizos centrais da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Clave do expediente: OH.915.1105.SV.

Descrición do obxecto: os traballos que hai que executar inclúen actividades de colaboración e apoio de carácter auxiliar para garantir o control de acceso ao edificio público dos servizos centrais de Augas de Galicia, así como apoio de atención ao público para a súa información e seguimento e control do normal funcionamento nas instalacións.

Orzamento: importe neto: 49.505,58 euros. Importe total: 59.901,75 euros.

Data de formalización: 28 de outubro de 2015.

Prazo de execución: doce meses con previsión de prórrogas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia