Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43046

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2015 pola que se modifica a Resolución do 16 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 15), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

Mediante Resolución do 16 de setembro de 2015 publicouse o Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 15), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 183, do 24 de setembro de 2015).

Tras o primeiro mes de vixencia dos incentivos, obsérvase que o número de adhesións de entidades colaboradoras foi moito maior das esperadas –solicitárono máis de 350 entidades–, e a súa incorporación efectiva ao programa está resultando máis lenta do esperado, debido á necesidade de habilitar novos procesos organizativos nos establecementos de venda.

En consecuencia, para incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos beneficiarios delas, considérase conveniente ampliar o prazo de presentación de solicitudes – establecido inicialmente no 16 de novembro de 2015– ata o 30 de novembro de 2015. Esta modificación leva aparellada a do prazo de xustificación que as entidades colaboradoras necesitan para presentar a documentación.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Amplíase ata o 30 de novembro de 2015 o prazo de presentación de solicitudes establecido no punto segundo do «resolvo» da Resolución do 16 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 15), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo. Amplíase ata o 9 de decembro de 2015 o prazo de xustificación de axudas establecido no mesmo punto.

Terceiro. Esta modificación entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación ás solicitudes presentadas con posterioridade á súa entrada en vigor.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica