Advertidos erros na publicación da Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 157, do 19 de agosto, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:
Na páxina 33936:
Artigo 16
– No punto «4» debe dicir «3» e no punto «5» debe dicir «4».
– Debe engadirse un novo punto 5 co seguinte texto:
«5. A Xunta Electoral de Galicia será competente para establecer os requisitos necesarios para que o procedemento de recollida de sinaturas poida realizarse a través do sistema de sinatura electrónica.»
Na páxina 33938:
Debe engadirse despois do artigo 18 o seguinte texto:
«Disposición transitoria. Regulación da sinatura electrónica
A Xunta Electoral de Galicia disporá dun prazo de tres meses desde a entrada en vigor desta norma para a elaboración das disposicións necesarias que permitan o uso da sinatura electrónica prevista no artigo 15 desta lei.»