Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (140/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra AJP GUY y otra S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud sobre ordinario, se ditou cédula de citación, o 27.10.2015, do teor literal seguinte:

«Cédula de citación

Tribunal que ordena citar:

Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda:

Execución de títulos xudiciais 140/2015.

Persoa que se cita:

AJP Guy y otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud y Katia Jocelyne Audouy, en calidade de executado.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición de executados, concorrendo a tales actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Sinálase o día 1.12.2015 ás 11.45 horas na sala de audiencia deste xulgado, sita na planta baixa, sala número 3 do Edificio dos Xulgados, sito na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, para a celebración da comparecencia acordada.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo o en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase cos que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa dos feitos. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

A secretaria xudicial