Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (250/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 250/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto López González contra a empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto o 31 de xullo de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Acordo:

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de José Alberto López González fronte a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L.

– Alzar os embargos trabados que poidan subsistir nas actuacións para cuxo fin se librarán os oportunos oficios.

– Dado que existe un sobrante de 1.803,55 euros, requírase a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. co fin de que no prazo de dous días facilite un número de conta bancaria para devolver o sobrante.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 00493569920005001274 no Banco Santander debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso”, seguida de “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Xanela Arquitectura en Alumnio, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

A secretaria xudicial