Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (48/2015).

Eu, Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 48/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Moure Rodríguez contra a empresa José Luis Piay González e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou sentenza o 29 de setembro de 2015 cuxa resolución é a seguinte:

Que admito parcialmente a demanda interposta por José Manuel Moure Rodríguez fronte á empresa José Luis Piay González e condeno a demandada a que aboe a aquela a seguinte cantidade: 5.323 euros máis 10 % de xuro por demora ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e a recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Piay González, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de outubro de 2015

O secretario xudicial