Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1048/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1048/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Esmorís contra a empresa Preisberk de Construcciones, S.L., agora Promociones Riogali, S.L., administración concursal de Promociones Riogali, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza

Na Coruña o trece de marzo de dous mil quince.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1048/2012, en que son parte, dunha banda, como demandante, Manuel Rodríguez Esmorís, representado polo letrado José Nogueira Esmorís, e como demandado, Preisberk de Construcciones, S.L., agora Promociones Riogali, S.L., que non comparece, con intervención procesual da administración concursal de Promociones Riogali, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciei en nome do rei a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Manuel Rodríguez Esmorís, debo condenar e condeno a empresa Preisberk de Construcciones, S.L., agora Promociones Riogali, S.L., con citación do Fogasa, a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.383,94 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgandoen primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Preisberk de Construcciones, S.L., agora Promociones Riogali, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2015

A secretaria xudicial