Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43366

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (868/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 868/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Inoxmark Sistemas, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

Na Coruña o vinte e un de maio de dous mil quince.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 868/2013, en que son parte, dunha banda, como demandante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada pola letrada Eva María Vidal Rodríguez, e como demandado, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados polo letrado Francisco Requejo Gutiérrez, e Inoxmark Sistemas, S.L., que non comparece, sobre seguridade social, pronunciei en nome do rei a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra os demandados INSS, TXSS e Inoxmark Sistemas, S.L. e absolvo os demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inoxmark Sistemas, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2015

A secretaria xudicial