Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43364

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (198/2015).

DCT divorcio contencioso 198/2015

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Demandante: Julia María Gutiérrez García

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas

Avogada: Yolanda García Lema

Demandado: Luis Gilberto Ramírez Galindo

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente edicto,

Anuncio.

No presente procedemento seguido por instancia de Julia María Gutiérrez fronte a Luis Gilberto Ramírez Galindo, en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decición.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Vidal Viñas en nome e representación de Julia María Gutiérrez García asistida da letrada Sra. García Lema fronte a Luis Gilberto Ramírez Galindo maior de idade citado nos autos declarado en rebeldía procesual e sen intervención de Ministerio Fiscal, ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o 27.9.1996 en Santiago de Compostela inscrito no Rexistro Civil desa localidade no tomo 90, páxina 207, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional 15 da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis Gilberto Ramírez Galindo, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

A letrada da Administracion de xustiza