Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43362

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3215/2015-AN).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3215/2015-AN

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 946/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Avogacía del Estado Fogasa, A Coruña

Recorridos: Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., José Lorenzo Martís Santamaría, Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3215/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., José Lorenzo Martís Santamaría, Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord sobre despedimento disciplinario, foi ditada con data 23 de outubro de 2015 a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado habilitado da Avogacía do Estado, en representación do Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza do 8 de maio de 2015 do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo seguido por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría contra as entidades mercantís Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. e Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord, con intervención da recorrente, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente ás custas da suplicación, cuantificando en 601 euros os honorarios da graduada social impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e New Ord, en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Recobo, Oleiros (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza