Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43360

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4859/2014-MCR).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4859/2014-MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1193/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Marfrío, S.A.

Avogado: José Antonio Menéndez Fernández-Kelly

Procuradora: María Alonso Lois

Recorridos: Fogasa, Rosendo Diz Míguez, Cargas y Descargas de Galicia, S.L.

Avogado: Fogasa, Beatriz Davila Costas

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4859/2014-MCR desta sala, seguido por instancia de Marfrío, S.A. contra Fogasa, Rosendo Diz Míguez, Cargas y Descargas de Galicia, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da empresa Marfrío, S.A., contra a sentenza do vinte e un de xullo do ano dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en proceso promovido por Rosendo Diz Míguez contra as empresas Marfrío, S.A. e Cargas y Descargas de Galicia, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada. De acordo co disposto nos artigos 203 e 204 da Lei da xurisdición social, débese dar o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados pola parte recorrente, que conforme o artigo 235.1 da Lei da xurisdición social, debe aboar os honorarios do letrado do impugnante do seu recurso por importe de quiñentos cincuenta euros (550 €). Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cargas y Descargas de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza