Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43552

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de novembro de 2015 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións desta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Carlos León: A orde das primeiras cousas. 30 €.

Simboloxía do románico do Saviñao. 15 €.

Os sinais deixados. 13 €.