Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de eliminación de humidades nas cubertas pétreas e nas fachadas do ciborio e espazos adxacentes no conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra) (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22971

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 128, do 9 de xullo de 2015.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: eliminación de humidades nas cubertas pétreas e nas fachadas do ciborio e espazos adxacentes no conxunto catedralicio de Tui (Pontevedra).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 167.955,24 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 30 de outubro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 4 de novembro de 2015.

c) Contratista: Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A.

d) Importe de adxudicación: 141.074,38 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria