Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que notifica a resolución do expediente sancionador en materia de seguridade industrial 10/I/15 (IN635C 2014/162-4).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non for posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, con publicación facultativa no boletín oficial da comunidade autónoma.

Intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos notifícase por anuncio no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento á interesada que se sinala no anexo.

A interesada poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio da interesada -se radica en Galicia-, á escolla deste, no prazo de dous meses contados desde a dita data.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Expediente: 10/I/15 (IN635C 2014/162-4).

Interesada: On Trade Society, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.