Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2015/219-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 36204 Vigo.

Denominación: soterramento LMTA CBD804.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 61 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-7000-14 na LMTA CBD804, no cal se fai un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación existente Esteiro (36CCJ7). Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado (105 metros con condutor LA-110). A instalación está situada na zona da casa da cultura, Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra