Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente IN407A 2015/56-2, 8250 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle-Ourense.

Denominación: LMT e CT polígono industrial de Castroverde.

Situación: concello de Castroverde.

Características técnicas:

1. LMT subterránea a 20 kV, con orixe nun apoio tubular metálico proxectado na LMTA CRG805, entre os apoios existentes nº 17 e nº 18 e final no centro de transformación proxectado do polígono industrial de Castroverde, cunha lonxitude de 586 metros en condutor tipo RHZ-240.

2. Centro de transformación no polígono industrial de Castroverde, en edificio prefabricado de formigón, cunha potencia de 2×630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 28 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo