Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43784

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (680/2014).

Mª Manuela García Jalón de la Lama, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 680/2014 seguido por instancia de José Ignacio Vázquez García fronte a Corcal 2011, S.L., ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión literal é o seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2015.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 680/2014-4, seguidos por instancia de José Ignacio Vázquez García, representado pola procuradora Sra. Martín Aláez, baixo a asistencia letrada da Sra. Valcarce Márquez, contra Corcal 2011, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Martín Aláez no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a parte demandada a pagarlle ao demandante a cantidade de tres mil trinta e un euros e sete céntimos (3.031,07 €) máis os xuros legais contados desde a reclamación extraxudicial vía correo electrónico o 5.6.2014, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpoñer perante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E encontrándose a dita demandada, Corcal 2011, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

A secretaria xudicial