Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de outubro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02318-O-2015 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02318-O-2015 e outros cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que coiden oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 29 de outubro de 2015

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02318-O-2015

PO-4043-BH

Garda Civil 1503 W04047P

José Leopoldo Méndez Rodríguez

35786218N

Estrada Camposancos 55, Coruxo

36213 Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

31.3.2015; 16.31; AP9F; 25,2

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-03332-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1504 A35144Y

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Lg. Campo do Monte-Montouto

15318 Coirós (A Coruña)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

15.6.2015; 18.28; N525; 330,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03339-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1504 A35144Y

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Lg. Campo do Monte-Montouto

15318 Coirós (A Coruña)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

15.6.2015; 18.22; N525; 330,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03341-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1504 A35144Y

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Lg. Campo do Monte-Montouto

15318 Coirós (A Coruña)

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen exceder as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

15.6.2015; 18.25; N525; 330,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-03342-O-2015

PO-7412-BP

Garda Civil 1504 A35144Y

Francisco Gómez Vieites

32797791K

Lg. Campo do Monte-Montouto

15318 Coirós (A Coruña)

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen exceder as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

15.6.2015; 18.20; N525; 330,0

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-03396-O-2015

0099-CPZ

Garda Civil 1504 A35144Y

Maderas Silvarredonda, S.L.

B70181854

Calle Alcalde Salorio Suárez, P.213, núm. 11-1º

15010 A Coruña

A realización de transporte privado complementario de mercadorías, carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalo, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

15.6.2015; 17.03; N525; 330,0

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros