Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de xullo de 2015, pronunciou a Sentenza 504/2015, ditada no procedemento ordinario 4135/2013, interposto por Arminda de Oliveira Morais, Antonio Núñez Oliveira, Arminda Núñez de Oliveira e Isabel Núñez de Olivera, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:
«Que, rexeitando as alegacións de inadmisibilidade formuladas, estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Arminda de Oliveira Morais, Antonio Núñez Oliveira, Arminda de Oliveira e Isabel Núñez de Olivera contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 7 de decembro de 2012, sobre aprobación definitiva do PXOM de Verín, e, en consecuencia, anulamos en parte a dita orde e o dito PXOM nas exclusivas cuestións relativas á clasificación do terreo da parte demandante identificado no informe do perito xudicialmente, designado como parte leste da parcela 17 con fronte á rúa do Mercado, cun fondo de 25 metros, e que se recoñecerá como solo urbano consolidado, e á consecuente anulación da ordenación do SUD-10 no ámbito afectado pola exclusión do dito sector do citado terreo; con desestimación das restantes pretensións; sen facer imposición das custas».
A citada sentenza foi declarada firme.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo