Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 27 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular dos dereitos mineiros o acordo de inicio do procedemento de execución forzosa subsidiaria das actuacións necesarias para o peche dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara número 5006 e Santa Bárbara II número 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, na provincia de Lugo.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula, notifícase á empresa Explotación Minera Internacional España (Exminesa), con CIF A28160224, o acordo da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 26 de outubro de 2015, polo que se inicia o procedemento de execución forzosa subsidiaria por parte da Administración das actuacións necesarias para o peche dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara número 5006 e Santa Bárbara II número 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, provincia de Lugo, que na actualidade se atopan en situación de abandono, para que no prazo de de (10) días alegue o que considere oportuno en defensa dos seus intereses.

Comunícaselle que o acordo íntegro, así como as medidas que adoptará esta Administración na execución forzosa subsidiaria para o peche dos dereitos mineiros, están á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º, 4º andar, Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas