Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43968

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2027/2014).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2027/2014 desta sección, seguido por instancia de Beatriz Pérez Louro contra Laboratorios Diasa Pharma, S.A. e Servizo Público de Emprego Estatal sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Fernando Escariz Fernández, en nome e representación de Beatriz Pérez Louro, contra a sentenza do 4 de marzo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en autos 1290/2010, seguidos por instancia da recorrente contra o Servizo Público de Emprego Estatal e a empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A., revogámola, polo que deixamos sen efecto a resolución do SPEE do 17 de xuño de 2010 e, no seu lugar, mantemos a eficacia da resolución ditada polo SPEE con data do 17 de marzo de 2010, recoñecendo o dereito da demandante a que lle repoñan a prestación de desemprego por 120 días (do 6 de marzo de 2010 ata o 5 de xullo de 2010), condenando a entidade xestora a se ater a esta declaración e ao aboamento da referida prestación. Procédese á libre absolución da empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza