Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de outubro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/199/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

O director da Axencia de Protección da Legalidad Urbanística acordou, o 1 de outubro de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidad urbanística LUG/199/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na apertura dunhas novas pistas de carácter permanente, situadas no lugar da Cabana Vella, San Pantaleón de Cabanas, no termo municipal de Ourol, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo aos herdeiros de Javier Bouza Soto, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Bolelín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística