Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar os emprazamentos para trámite de audiencia nos expedientes de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal aos interesados (expediente OU-2012/00073 e un máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, notifícanse as persoas que no anexo se mencionan que, examinadas as solicitudes de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito presentadas de xeito individual polo outro membro da parella, e de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro, con esta data resolvo publicar por este medio os emprazamentos para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que poidan consultalos e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince (15) días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 30 de outubro de 2015

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesadas

NIF/equivalente

OU-2012/00073

Tania Metzeri Hernández Valdivia

G03653314

OU-2012/00298

Adriana Burgos Castillo

SG1787856