Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1110/2013).

Procedemento ordinario 1110/2013

Sobre ordinario

Demandante: Pablo Blanco Romero

Graduada social: Mónica da Palma Sánchez

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1110/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Blanco Romero contra Grupo JCA Hormigones, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Acordo:

1. Suspender a tramitación do presente procedemento polo prazo de trinta días sen prexuízo de que as partes poidan chegar a un acordo ou instar o seu reinicio antes de finalizar o dito prazo.

2. Finalizado este prazo, procederase de oficio ao reinicio do presente procedemento se non se instou o seu reinicio ou rematou este.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorreu.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo JCA Hormigones, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial