Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 240/2015).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 240/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 128/2015

Sobre: despedimento

Demandantes: Ramón Balsa Domínguez, José Carlos Pardo Verde

Demandados: Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 240/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Balsa Domínguez, José Carlos Pardo Verde contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015.

Primeiro. Neste órgano xudicial séguese o procedemento de execución de títulos xudiciais 240/2015 por instancia de Ramón Balsa Domínguez e José Carlos Pardo Verde fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Tamén neste órgano xudicial se despachou execución fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., Esmega, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos procedementos ETX 188/2015.

Funtamentos de dereito.

Único. De conformidade co artigo 37.1 da LPL, cando as accións exercidas tendan a obter a entrega dunha cantidade de diñeiro e existan indicios de que os bens do debedor ou debedores puidesen ser insuficientes para satisfacer a totalidade dos créditos que se executan, deberá acordarse a acumulación de execucións, de oficio por instancia de parte, de seguirse ante un mesmo xulgado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Acordo: acumular a presente execución á execución seguida neste órgano xudicial co número ETX 188/2015.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial