Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44386

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (508/2015).

Na presente peza civil nº 508/2015, dimanante de execución hipotecaria nº 169/2011 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, seguido por instancia de NCG Banco, S.A. fronte a Gumersindo Abalde García, Maria del Pilar Lorenzo Masid, Aislapedra Canedo, S.L., ditouse auto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Manuel Almenar Belenguer, María Begoña Rodríguez González, Jacinto José Pérez Benítez.

Auto núm. 191.

Pontevedra, 7 de outubro de 2015.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Acordamos que estimando o recurso de apelación formulado por NCG Banco, S.A., representado pola procuradora María Teresa Carrera Fernández, contra o Auto do 11 de setembro de 2014 ditado no procedemento de execución hipotecaria nº 169/2011 polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ponteareas, debémolo revogar e revogámolo deixándoo sen efecto, desestimamos os motivos de oposición alegados por Gumersindo Abalde García e María del Pilar Lorenzo Masid, representados pola procuradora Josefa Fernández Piñeiro, ordenando que continúe o despacho de execución acordado no seu día, sen facer pronunciamento en canto ás custas de ambas as dúas instancias.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, Manuel Almenar Belenguer, presidente; María Begoña Rodríguez González, relator, e Jacinto José Pérez Benítez. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose o dito executado, Aislapedra Canedo, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial