Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44677

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 19 de novembro de 2015 pola que se regulan as operacións de peche do exercicio de 2015 e de apertura do exercicio 2016.

Advertidos erros na publicación da Orde do 19 de novembro de 2015 pola que se regulan as operacións de peche do exercicio 2015 e de apertura do exercicio 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 222, do 20 de novembro de 2015, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:

– Na páxina 43903, no artigo 4, número 4.4, letra a), onde di: «Os expedientes financiados con Feder, FSE e FEP deberán ser contabilizados, se é o caso, con data límite do 29 de decembro», debe dicir: «Os expedientes financiados con Feder, FSE e FEP terán como data límite de entrada nas intervencións delegadas e territoriais o 28 de decembro, e deberán ser contabilizados, se é o caso, con data límite do 29 de decembro».

– Na páxina 43904, artigo 4, número 4.4, letra b), onde di: «Os expedientes financiados con Feader deberán ser contabilizados, se é o caso, con data límite do 17 de decembro», debe dicir: «Os expedientes financiados con Feader terán como data límite de entrada nas intervencións delegadas e territoriais o 14 de decembro, e deberán ser contabilizados, se é o caso, con data límite do 17 de decembro».