Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica expediente sancionador por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non fose posible practicar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que consta no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A interesada poderá comparecer, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo,17 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Flora Diéguez Pardo (Curtidos Blanco)

PO-16/2015

Resolución

Vigo