Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 17 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Toxoeiras número 181, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Toxoeiras número 181, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Lugo, 17 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Toxoeiras número 181.

Interesado: Ildefonso Echevarría Reigosa.

Acto de notificación: resolución

Último domicilio coñecido: rúa do Castrelo, 14, 3º, 27880 Burela.