Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44895

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2015 pola que se declaran, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no proceso selectivo para cubrir postos de traballo nesta fundación, mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Mediante a Resolución do 20 de xaneiro de 2015, da Dirección Técnica desta fundación (Diario Oficial de Galicia núm. 56, do 24 de marzo), convocouse un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo en diversas categorías desta fundación.

Por Resolución do 17 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 21 de xullo) procedeuse á publicación da relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Unha vez finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta da resolución de convocatoria e de conformidade co disposto na citada base, esta dirección técnica, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo e por categoría, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, no proceso selectivo para a cobertura de diversas categorías convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os declarados exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/la solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 20 de xaneiro de 2015, contra esta resolución os interesados/as poderán interpor recurso de alzada ou reclamación previa á vía xudicial laboral ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, nos termos e prazos dos artigos 114, 115 e 125 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a condición do aspirante e o sistema de provisión da praza, libre ou promoción interna, respectivamente.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Mª Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia