Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da subministración de vestiario para o persoal municipal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Área de Servizos Xerais. c) Nº expediente: 3494-440.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: subministración de vestiario e equipamento de protección destinado ao seu uso polo persoal municipal. b) CPV: 18100000-0. c) División por lotes e número de lotes: si; 5. Lote 1: calzado seguridade e uniformidade; lote 2: roupa de traballo e roupas de protección; lote 3: camisaría e roupas de uniformidade; lote 4: roupas de servizos exteriores; lote 5: roupas vermellas. d) Lugar de entrega: casa do concello e parque central Santa Cristina. e) Prazo de execución: antes do 31.12.2015.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 da folla de especificacións do contrato (FEC) do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 147.316 euros (IVE incluído). Dotación por lotes: lote 1: 40.942 euros; lote 2: 29.621 euros; lote 3: 34.088 euros; lote 4: 31.385 euros; lote 5: 11.280 euros (todos eles IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de expecificacións do contrato (FEC).

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o oitavo día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica económica: a) Enderezo: casa do concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 23 de novembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación