Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de novembro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-31/2015, por infracción en materia de turismo.

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícanselle á persoa que a seguir se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-31/2015 xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

A interesada poderá recoller a proposta de resolución, así como acceder ao correspondente expediente, mediante comparecencia nas dependencias desta Área Provincial, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra a presente proposta de resolución poderá, no prazo de 15 días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere convenientes, ante a instrutora do procedemento.

Ourense, 24 de novembro de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-48/2015.

Titular sancionada: Altagracia Soto Martínez.

Establecemento: Gran Rancho.

Domicilio: Nacional, 532, km 11.

Localidade: Verín.

Proposta de resolución: 20 de outubro de 2015.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 600 euros.