De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador OU-S-48/2015, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.
Dispón dun prazo de quince días, para presentar, ante o instrutor do procedemento, alegacións, documentos e informacións que considere convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.
Ourense, 24 de novembro de 2015
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-S-48/2015.
Titular sancionada: Tamega SR. H., S.L.
Establecemento: Sheraton.
Domicilio: Nacional, 525, km 165.4.
Localidade: Verín.
Incoación: 20 de outubro de 2015.
Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.