Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015261AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 5 de novembro de 2015, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2015261AL-CO, incoado na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade a Villabarcega, S.L.

Unha vez intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Villabarcega, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 16 de novembro de 2015

P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro,
modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015261AL-CO.

Interesada: Villabarcega, S.L. (Casa Somoza).

DNI/NIF/CIF: B70370895.

Último enderezo coñecido: lugar O Coto, s/n, Leboreiro, 15800 Melide.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

– Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 60 €.