Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (700/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 700/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Lombardía Rodríguez, Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Ramón Juega Cuesta, Sotegal de Enerxías, Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal:

«Parte dispositiva:

Procede aclarar a sentenza do 11 de maio de 2015 no sentido seguinte:

Na resolución, onde di:

– Condeno os demandados solidariamente a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día) ou ben, á elección do traballador, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 42.099,75 euros en concepto de indemnización, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día).

Esta opción deberá exercela o traballador, dada a súa condición de delegado de persoal, en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Debe dicir:

– Condeno os demandados Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Gallega Técnicas e Investimentos, S.L., Sotegal Enerxía, S.L., Manuel Vázquez Cabo e Manuel Lombardía Rodríguez solidariamente a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día) ou ben, á elección do traballador, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 42.099,75 euros en concepto de indemnización, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día).

Esta opción deberá exercela o traballador, dada a súa condición de delegado de persoal, en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

– Debo condenar e condeno a administración concursal da entidade Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U. a se ater a esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal da citada empresa.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Non procede a aclaración solicitada pola parte demandante por estar xa recollida na resolución da sentenza.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo. Carolina Nores Díaz, maxistrada en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pocomaco Inversiones, S.A.U. e a Manuel Lombardía Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

A secretaria xudicial