Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46013

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (356/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 356/2013, por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa José Ramón Pereira Abalo, Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, en que se ditou sentenza con data do 16 de setembro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Mutua Gallega fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á empresa Pereira Abalo, José Ramón e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Pereira Abalo, José Ramón a aboar á Mutua Gallega, como responsable directo, a cantidade de dous mil cincocentos cinco euros con setenta céntimos (2.505,70 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS, respecto da cantidade de mil setenta e dous euros con vinte céntimos (1.072,20 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este recurso deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Ramón Pereira Abalo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2015

A secretaria xudicial