Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, tramitación anticipada de gasto e non suxeita a regulación harmonizada do contrato de servizos, para o servizo de seguridade e vixilancia no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Cultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán 2,15704 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), sito en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: prazo máximo de doce (12) meses, con posibilidade dunha prórroga por un período de doce (12) meses.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 220.165,29 €.

IVE (21 %): 46.234,71 €.

Importe total: 266.400 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2016: 222.000 €, IVE incluído.

2017: 44.400 €, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23676

c) Información de índole administrativa: 981 54 66 14.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de propostas.

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, deberán aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural; se o último día for inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador, o obxecto do contrato e, de ser o caso, o número do Rexistro de Contratistas da Xunta de Galicia.

d) Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de proposicións: o acto público da apertura das proposicións do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na data e hora que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante na web:
http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura