Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2015/209-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT Os Cunchidos.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 77 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio existente CH-2500/20 entroncando coa LMT LOZ807B Marín Mouta 7, no seu tramo LOZ807B1338, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na parcela denominada Cuncheira, lugar dos Cunchidos, Lourizán, Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 12 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1:

Municipio: Pontevedra.

Lugar: Agradío.

Referencia catastral: 36900A027001920000QU.

Titular: Luisa Crespo Santiago.

Afección: 27,17 m2 de solo para o centro de transformación.