Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2015/203-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Conservas la Brújula, S.L.

Domicilio social: Polígono do Salnés, rúa Central, nº 6, 36636 Ribadumia.

Denominación: LMTS, CS Polígono do Salnés, rúa Central, nº 6.

Situación: Ribadumia.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 42 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS CBD813 (Polígono de Ribadumia) unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento subterráneo, con 3 celas de liña con illamento e corte en SF6, situado no Polígono do Salnés, rúa Central, nº 6, Ribadumia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra