Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/211-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS al CS EDAR Lagares (subministración de socorro).

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ estruturada en tres tramos:

1. 698 metros; orixe: paso aerosubterráneo (PAS) proxectado; final: CS existente EDAR Lagares.

2. 434 metros; orixe: CT existente avenida Ricardo Mella, 123; final: PAS no apoio
HV-630-11.

3. 365 metros; orixe: punto de acceso proxectado nº 2; final: CS EDAR Lagares (subministración de socorro).

A instalación está situada na avenida Ricardo Mella e rúa Baixada Gándara, Coruxo, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra