Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 17 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publican diversas resolucións en procedementos tramitados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial nos procedementos instados polas persoas que se citan no anexo e que de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE) poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 30), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Ás persoas que se citan no anexo xunto ao seu correspondente número de expediente, resolución e data, infórmaselles de que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales se poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta días (30) seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 17 de novembro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Data resolución

Casaldarnos Pazos, Juan

35418359S

36/00193-I/99

Modificación

25.8.2015

Fontán Diz, Dolores

35435001M

36/02160-I/93

Caducidade

8.10.2015

Viñals Rodríguez, Fernando

35599987N

36/00858-I/12

Denegación

3.9.2015

Naveiro Gómez, Higinio

77418517B

36/00885-X/01

Extinción

21.9.2015

Tsankov s/s, Atanas Petrov

X8746946T

36/00225-I/13

Extinción

18.9.2015